A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, explica que concello pon en marcha o Consello Municipal de Igualdade, que xa celebrou esta semana a primeira reunión.

O obxectivo é traballar a corto, medio e longo prazo para que a igualdade sexa un "tema transversal" para o municipio. A súa alcaldesa, Ánxela Fernández, explica que a "Violencia de Xénero tamén é unha pandemia que hai que erradicar".

O Consello está formado por unha veitena de persoas expertas de diferentes idades e perfís profesionais.

 

 

¿E ti, es de Tweet?