O delegado da Zona Franca de Vigo, David Regades, pon en valor o inicio da Plisan cunha empresa como Albo "que xerará máis de 200 empregos na zona".

Regades explica que "a primera pedra que se puxo na Plataforma Loxística de Salvaterra- As Neves fará que veñan moitas máis". Califica a Plisan como un referente en Galicia pola súa superficie de terreo posto que "é o polígono máis grande do noroeste peninsular". Regades explica que a xeración de emprego na zona implicará, igualmente, "o afianzamento da poboación á comarca do Condado e Paradanta".

Tamén falou Regades sober o inicio da obras de 14 naves no Porto do Molle, que están dispoñibles "para aquelas empresas ou emprendedores, que queiran iniciar os seus proxectos ou mesmo consolidalos". Asegura o delegado que é primordial continuar coa creación de chan industrial. En canto á captación de fondos europeos, na que a Zona Franca de Vigo leva traballando dende o seu anuncio, David Regades di que "estamos seguros de que a maioría dos proxectos serán identificados como tractores".

 

 

¿E ti, es de Tweet?