España prorroga ate o 1 de marzo os controis na fronteira con Portugal . Así o recolle a orde publicada este martes no Boletín Oficial do Estado (BOE) para tratar de conter a expansión do coronavirus.

As entradas e saídas do territorio español a través da fronteira con Portugal só poderá realizarse polos pasos autorizados e durante os horarios que se establezan. Estes serán publicados pola Dirección Xeral da Policía, a encargada de coordinar coas autoridades portuguesas a listaxe de pasos e horarios, e informará diso ao público.

Os únicos autorizados para cruzar a fronteira son os cidadáns españois e o seu cónxuxe ou parella coa que manteñan unha unión análoga á conxugal inscrita nun rexistro público, e aqueles ascendientes e descendentes que vivan ao seu cargo, sempre que viaxen con ou para reunirse con este.

Tamén poderán cruzar a fronteira os residentes en España, que deberán acreditar a súa residencia habitual, así como os estudantes que cursen os seus estudos en España, así como os residentes noutros Estados membros ou Estados asociados Schengen que se dirixan ao seu lugar de residencia habitual, debidamente acreditado.

Ademais, poderán acceder a España quen vaian transitar ou permanecer no territorio español por calquera motivo exclusivamente laboral, sempre que se acredite documentalmente. Esta categoría incluirá, entre outros, aos traballadores transfronteirizos, traballadores sanitarios e do transporte.

Por último, permítese o tránsito ás persoas que acrediten documentalmente causas de forza maior ou situación de necesidade, ou por motivos humanitarios así como o persoal estranxeiro acreditado como membro das misións diplomáticas, oficinas consulares e organismos internacionais sitos en España, sempre que se trate de desprazamentos vinculados ao desempeño das súas funcións oficiais, así como os participantes en viaxes de Estado e os membros de Forzas e Corpos de Seguridade e Forzas Armadas para exercer as súas funcións.

¿E ti, es de Tweet?