viernes, marzo 29, 2024
InicioComarcasVigoZona Franca de Vigo actualiza a base de datos ARDÁN e lanza...

Zona Franca de Vigo actualiza a base de datos ARDÁN e lanza un novo producto en Galicia

Zona Franca pon a disposición das persoas interesadas o novo produto ARDÁN «20.000 empresas de Galicia.

Trátas dunha base de datos que ofrece información actualzada sobre empresas galegas de maior facturación no exercicio 2019. O delegado do Estado no Consorcio da Zona Franca, David Regades, explicou que “con esta aplicación pódense realizar múltiples filtros sobre a mostra de empresas ben sexa por nome da sociedade, datos económicos, sectoriais ou xeográficos personalizando todo tipo de información do mercado”. A base de datos tamén permite a selección de fichas de empresa e listaxes, con datos exportables a folla de cálculo. Cada empresa conta cunha ficha propia cos seus datos de identificación (domicilio, código postal, teléfono, e-mail e web), pero tamén os datos da súa actividade como emprego, cifra de negocio, valor engadido, capital social, rendibilidade económica; así como outros indicadores, coma se trátase dunha firma auditada, exportadora, se conta con certificacións de calidade ou ambientais.

O Consorcio presentará nos próximos meses o Informe Económico e de Competitividade de Galicia 2021. Con esta información e outros datos facilitados polas empresas, a través da campaña anual de enquisas, será posible a identificación das empresas galegas que obteñen os Indicadores ARDÁN deste ano, que son tan valorados polas compañías e que mostran a excelencia na xestión.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES