jueves, marzo 28, 2024
InicioComarcasVigoRepunta a COVID na área de Vigo cun cento de novos contaxios

Repunta a COVID na área de Vigo cun cento de novos contaxios

Galicia volve ter máis de 3.000 casos activos de COVID-19 este mércores pola repunta de positivos na área de Vigo, ao detectarse 99 novos positivos na última xornada. O día de máis casos nos últimos tres meses. Restadas as altas, a área viguesa suma 63 casos máis que un día antes, ten en total 888 positivos.

Por áreas sanitarias:

Vigo: 888 (+63)

Coruña: 702 (+12)

Pontevedra: 484 (+3)

Santiago: 430 (+8)

Ourense: 231 (-15)

Lugo: 216 (-10)

Ferrol: 101 (+14)

Vigo podería non saír no nivel medio de restricións tras esta repunta de contaxios. A decisión do comité clínico dependerá dos resultados dos últimos cribados feitos.

No que a cidade olívica respecta, os positivos pasaron de  364 a 400 nas últimas dúas semanas, aínda que a incidencia por cen mil habitantes mantense por baixo dos 150, co que Vigo cumpriría os criterios para ampliar os aforamentos en hostalaría.

O Sergas aínda non concretou en que momento informará sobre o posible alivio de restricións na cidade. E é a primeira vez que se espera aos resultados dos cribados nun municipio concreto para determinalo. Pero este importante aumento de casos podería dificultar aínda máis a decisión. Outro dos índices preocupantes é que a taxa de positividad sitúase xa en 4,78%, tres puntos máis que na xornada anterior e rozando xa o límite do 5% que a OMS marca para determinar se a pandemia está ou non controlada nun determinado territorio.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES