jueves, marzo 28, 2024
InicioComarcasVigoStellantis Vigo propón un ERTE pola falla de microchips

Stellantis Vigo propón un ERTE pola falla de microchips

A planta de Stellantis en Vigo (antiga PSA Peugeot Citröen) tivo que parar as tres quendas do seus sistema M1 pola falla de suministración de microchips. Consecuentemente a dirección urxe aos sindicatos negociar un ERTE.

O sistema M1 onde se monta o Peugeot 2008, o C-Elysée e o Peugeot 301 tivo que estar paralizado este mércores pola falla de microchips (compoñentes con semicondutores). Non traballaron os empregados das tres quendas. 

Leva pasado o mesmo en varias xornadas, a última o pasado luns. Por iso, a dirección urxe aos sindicatos negociar un Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE)   porque «os mecanismos de flexibilidade» cos que conta a planta (bolsa de horas e días de adecuación de xornada) «vanse ir esgotando». 

A dirección pretende chegar a un acordo antes de Semana Santa e para iso sentar negociar xa esta semana. O abastecemento garantido de microchips non ten data prevista e por iso Stellantis Vigo urxe afrontar a situación.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES