sábado, abril 20, 2024
InicioComarcasVigoSalvamento Marítimo rescata a unha persoa que practicaba windsurf en Vigo

Salvamento Marítimo rescata a unha persoa que practicaba windsurf en Vigo

Unha persoa viuse en apuros mentras practicaba windsurf na ría de Vigo, preto da Illa de Toralla.

Foi o propio deportista quen se puxo en contacto co 112 Galicia, ao fío das 15:30 horas, para informar que tivera un problema coa tabla e ía á deriva. Con todo, apuntaba que non estaba en perigo.

Con estos datos, o 112 Galicia deu aviso a Salvamento Marítimo, ao Servizo de Gardacostas de Galicia, a Policía Local de Vigo e á Garda Civil.

Finalmente, unha embarcación rescatou á persoa, que non necesitou asistencia sanitaria. Salvamento Marítimo trasladouno ao Porto de Cangas.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES