martes, abril 23, 2024
InicioComarcasVigoRetrasase a apertura da estación intermodal de Vialia, en Vigo

Retrasase a apertura da estación intermodal de Vialia, en Vigo

As obras do Halo, o ascensor de 50 metros que o Concello proxecta entre Serafín Avendaño e Vía Norte, «retrasaán aínda máis a apertura da estación de autobuses intermodal».

 

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, vén de informar que as obras do Halo, o ascensor de 50 metros que o Concello proxecta entre Serafín Avendaño e Vía Norte, retrasarán aínda máis a apertura da estación de autobuses intermodal.

Neste sentido, sinalou que a comisión de seguimento do convenio constatou na seu último encontro que estas actuacións sobre os viais recentemente asfaltados interfiren directamente nos accesos da terminal. Asemade, indicou que na devandita reunión informouse que os técnicos do Ministerio de Transportes só autorizaron a apertura do conxunto das obras, non planeándose autorizar escenarios intermedios.

“A información que nos trasladan é que mentres que os accesos non se completen non se poderá abrir a estación”, asegurou a representante autonómica, ao tempo no que anotou que “o Ministerio non contempla en ningún caso un permiso de apertura parcial”.

Deste modo, Fernández-Tapias, quen recordou que o Goberno galego ten rematada a estación e os accesos de competencia autonómica desde o pasado 10 de xuño, exixiu axilidade ao Concello vigués para que a apertura desta infraestrutura non se demore máis no tempo. “Despois de investir 18 millóns de euros o que está a desexar a Xunta é poder poñer ao servizo dos cidadáns, e canto antes, esta estación”, incidiu.

Paralelamente, o Executivo autonómico mantense á espera de que o Concello acredite oficialmente que ten rematados os accesos e solicitada a autorización imprescindible para o seu uso, así como o plan de seguridade necesario para os túneles. Unha tramitación que, insistiu Fernández-Tapias, correspóndelle á Administración local como responsable das obras.

“Sen esta confirmación a Xunta non pode activar os traballos para o traslado da actividade da estación de autobuses, que inclúe un complexo proceso de información aos concesionarios e usuarios e precisa dunha antelación suficiente, estimada nun mes”, abundou a representante do Goberno galego na cidade.

Fernández-Tapias se referiu tamén á carta que lle enviou ao alcalde o pasado 28 de agosto e na que lle pedía “responsabilidade, certezas e concreción” nas datas e na achega da documentación para evitar maior confusión aos usuarios, que deben dispoñer de toda a información sobre o cambio dos servizos de estación con tempo suficiente. Segundo dixo, “a data de hoxe seguimos sen resposta por parte do Goberno local”.

 

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES