sábado, abril 20, 2024
InicioComarcasVigoO Sergas estende o cribado de Vigo a Salvaterra e Ponteareas

O Sergas estende o cribado de Vigo a Salvaterra e Ponteareas

Ao cribado que se realiza no instituto feiral de VIgo (Ifevi) sumaranse a partir do venres, ademais de vigueses, veciños de Ponteareas e de Salvaterra de Miño.

Deste xeito, o Sergas ampliará  a 32.000 o número de persoas participantes no cribado masivo que está a facer e que na fin de semana tivo unha baixa participación.

En principio estaban chamados 22.000 residentes de Vigo, pero dada a «baixa participación» rexistrada na tarde do luns, un 56 % dos citados unicamente ao ser unha proba voluntaria, e tendo clarao Sergas a súa «capacidade»  para testar a máis poboación, a Consellería de Sanidade incrementou a poboación diana deste rastrexo de contaxios por coronavirus.

En total, convidarase á proba uns 27.000 residentes de Vigo, 2.400 de Salvaterra e 3.000 de Ponteareas. Pola mañá, o Sergas informou da detección de once positivos por coronavirus no cribado masivo con tests de antíxenos tras a participación de 8.499 persoas, un 61,4 % dos citados esta fin de semana.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES