jueves, abril 18, 2024
InicioComarcasVigoFalece unha muller nunha colisión frontal na AP-9

Falece unha muller nunha colisión frontal na AP-9

Varios usuarios e usuarias da autoestrada alertaron ao 112 Galicia sobre a colisión frontal de dous vehículos na AP-9 en sentido Tui.

Sobre as 10:00 horas desta mañá, colisionaron frontalmente dous vehículos no punto quilométrico 160, sentido Tui, en Vigo. Como consecuencia, a conductora de 75 anos dun dos vehículos implicados faleceu e os equipos de intervención traballan nestes momentos para liberar aos dous ocupantes do outro vehículo implicado.O 112 Galicia chamou tamén a tráfico da Garda Civil co fin de esclarecer as circusntancias do sinistro, todo apunta a que un vehículo entrou en sentido contrario e chocou frontalmente contra o outro vehículo.

Ata o lugar desprazáronse os equipos de Urxencias Sanitarias, Bombeiros de Vigo, Policía Local e Protección Civil da localidade e servizo de mantemento da vía.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES