viernes, abril 19, 2024
InicioComarcasVigoDetido un mozo pola morte dun vigués de 69 anos no seu...

Detido un mozo pola morte dun vigués de 69 anos no seu piso

A Policía Nacional e a Garda Civil investigan a morte dun home duns 69 anos que apareceu acoitelado na súa vivenda en Vigo. Atopárono morto os axentes despois de interceptar a varias persoas en Silleda a súa documentación. Entre elas, un mozo de 21 anos, detido por usurpación de identidade e presunto homicida.

Policía Nacional e Garda Civil recibiron un aviso para acudir á vivenda dun home en Vigo, este martes ás 19.00 horas, logo de que a súa documentación fora intervida a un mozo nun control en Silleda.

Os axentes accederon á vivenda, tras abrirlles familiares, e localizaron o home no chan con feridas de arma branca e un golpe na cabeza.

No interior da vivenda non estaba nada  revolto e, aparentemente, non había danos.

Ata o domicilio, situado na rúa Areal de Vigo, foi unha ambulancia de soporte vital avanzado do 061, pero os sanitarios só puideron confirmar a morte. Tras o levantamento do cadáver, o corpo foi trasladado para que se lle practique a autopsia.

O mozo detido foi interceptado nun control na autoestrada AP-53 ao seu paso por Silleda. Ía nun vehículo con outras persoas e intervíronlle a documentación persoal e unha tarxeta de crédito dun home. No maleteiro localizaron paquetes e compras realizadas con esa tarxeta.

O mozo, de 21 anos, foi detido como presunto autor dun delito de usurpación de identidade e de homicidio. As dilixencias atópanse baixo segredo de sumario e a instrución corresponde ao Xulgado de Instrución número 5 de Vigo.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES