jueves, abril 18, 2024
InicioComarcasVigoCatorce centros de saúde atenden só casos COVID e urxencias

Catorce centros de saúde atenden só casos COVID e urxencias

A incidencia disparada de casos de COVID-19 na área de Vigo levou ao Sergas a restrinxir a actividade en 14 centros de saúde, que só atenderán urxencias e casos de covid. Esta decisión revisarase o 10 de xaneiro.

No caso de Vigo cidade, os centros afectados son os de Navia, o Nicolás Peña, Beiramar, Casco Vello, Matamá e o de Teis só na quenda da tarde.

Na área sanitaria de Vigo afectará aos centros de saúde do Rosal, A Guarda, Oia, Ponteareas, O Porriño, Tomiño. E en Cangas e Moaña, só pola tarde.

De momento esta situación manterase unha semana, ata o 10 de xaneiro, e daquela revisarase.

É unha instrución da Dirección de Atención Primaria, e xustifican a medida para axudarlles aos profesionais sanitarios a soportar a actual presión, ante o déficit de persoal.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES