viernes, abril 19, 2024
InicioComarcasVigoAs luces de Vigo apagaranse finalmente o 15 de xaneiro

As luces de Vigo apagaranse finalmente o 15 de xaneiro

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, escoitou esta mañá a hostaleiros e comerciantes e decidiu volver cambiar de parecer. O alumeado de Nadal vigués apagarase o domingo 15 de xaneiro e non o 8 de xaneiro.

 Despois de comparecer este martes para anunciar que as luces de Nadal se apagarán en Vigo o domingo 8 de xaneiro para aforrar enerxía, Caballero muda a súa decisión tras reunirse cos sectores hoteleiro e hostaleiro e cos comerciantes que lle trasladaron que de apagarse xa este domingo acarrexaría cancelacións masivas das reservas feitas para a fin de semana do 14 e 15 de xaneiro, ademais, dunha moi mala imaxe de cara aos visitantes que xa organizaran a súa estadía na cidade olívica.

Será finalmente o acto de apagado o domingo, 15 de xaneiro, ás 20.00 horas.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES