jueves, abril 18, 2024
InicioComarcasVigoArden dous coches ao lado dunha gasolineira en Cangas

Arden dous coches ao lado dunha gasolineira en Cangas

O lume e o combustible xuntos causa arrepío. Foi o que sufriron os veciños de Cangas de madrugada ao arder dous coches estacionados na rúa ao carón dunha gasolineira. Non houbo danos persoais. Un vehículo quedou calcinado e o outro con danos cuantiosos.

Cara á unha e media da madrugada iniciouse o lume preto dunha gasolineira en Cangas. Ata o lugar desprazáronse os bombeiros do Morrazo, que tiveron que traballar máis dunha hora para extinguir as lapas dos vehículos. Un dos coches quedou completamente calcinado e o outro sufriu cuantiosos danos.

Os dous coches xa foron retirados do lugar do incendio. Tamén ardeu un colector de vidro pero as construccións non se viron afectadas. 

Investíganse agora os motivos polos que se orixinou o lume.

Ninguén resultou ferido.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES