viernes, abril 19, 2024
InicioComarcasVigoAdeus ao alcalde de Cangas, Xosé Manuel Pazos

Adeus ao alcalde de Cangas, Xosé Manuel Pazos

O alcalde de Cangas, Xosé Manuel Pazos Varela, faleceu o 25 de xaneiro de 2021 no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Primeiro edil por Alternativa Canguesa de Esquerdas (ACE) tiña problemas de saúde desde hai uns anos tras someterse a unha delicada operación de pulmón. 

Xosé Manuel Pazos Varela naceu na parroquia morracense de Coiro no ano 1957. Mestre de profesión, traballou varios anos na montaña sanabresa e, despois, en colexios públicos da parroquia de Darbo. Entrou en política no ano 1990 como responsable de Persoal e Benestar Social na xestora municipal do Concello de Cangas. Tras pasar pola oposición un mandato, volve ao goberno no ano 1995 co cuatripartito, ocupándose das áreas de Cultura e Ensino. Entre 1997 e 2001 foi Deputado no Parlamento de Galicia e, despois dun tempo afastado da primeira liña política, volve ao Concello no ano 2007 para ocuparse outra vez de Ensino e Cultura. Logo doutro mandato na oposición, sae elixido Alcalde nas eleccións de 2015, facendo parte dun novo tripartito. Pazos nunca renunciou á súa intensa actividade cultural e política. Boa proba disto foi o seu empeño por dotar a Cangas dun Auditorio Municipal.
O seu corpo foi velado no salón de plenos do Concello de Cangas e logo trasladado ao cemiterio de Coiro, a súa parroquia natal. A corporación municipal decretou tres días de loito na vila do Morrazo e bandeiras a medio mastro.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES