viernes, marzo 29, 2024
InicioComarcasVigoA área sanitaria de Vigo é a que máis sube esta Semana...

A área sanitaria de Vigo é a que máis sube esta Semana Santa

En plena Semana Santa a área sanitaria de Vigo amosa unha suba da incidencia da COVID-19 preocupante. Soben os positivos ao mesmo ritmo que baixan os da Coruña. A cidade olívica suma 15 novos positivos e sitúase en 589 casos.

Sanidade non vai rebaixar as restricións esta Semana Santa. A área de de Vigo leva días consecutivos sumando positivos, tiña chegado a baixar dos 500 positivos e na última xornada sumou 15 positivos máis situándose nos 589 casos activos.

Na área viguesa, ademais de na propia cidade, aumentan os contaxios en Moaña, Mos, Redondela ou Tui.

Por áreas sanitarias a da Coruña segue estando á cabeza pero baixa diariamente:

A Coruña: 816 (-31)

Vigo: 589 (+15)

Pontevedra: 218 (+1)

Santiago: 255 (+7)

Lugo: 168 (-7)

Ferrol: 130 (-9)

Ourense: 131 (+4)

A situación xeral en Galicia é de estabilidade con oscilacións lixeiras, de momento, nos parámetros pero o gráfico segue a ser de meseta. Segundo o Sergas, hai 2.307 persoas con coronavirus no país, logo de 107 novos casos detectados.

Estabilidade nos hospitais galegos con 207 persoas ingresadas, 181 en planta (+2) e 26 nas UCI (-1).

O Sergas notificou o falecemento de dúas persoas por mor da covid-19, o que eleva a cifra de vitimas no que vai de pandemia a 2.336.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES