jueves, abril 18, 2024
InicioComarcasVigo"40 familias serán expulsadas dos seus fogares polo vial que proxecta o...

«40 familias serán expulsadas dos seus fogares polo vial que proxecta o Concello de Vigo en Beade»

Entrevista coa presidenta da asociación de veciños afectados, Ana Pascual.

Os veciños e as veciñas de Beade foron expulsados do último pleno de Vigo. E é que querían falar co alcalde da cidade, co socialista Abel Caballero, e a resposta do rexedor foi o desaloxo, con axentes da Policía Local polo medio, aínda que non fixo falta a súa intervención.

A veciñanza desta parroquia non quere o vial que pasará polas súas casas e que proxecta o Concello de Vigo no seu Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Un vial que unirá o polígono industrial de Balaídos e A-55.

A presidenta da asociación de afectados, Ana Pascual, explica que «40 familias serán expulsadas dos seus fogares e o alcalde nin sequere quere falar con nós, non nos dixo nin os prazos que temos».

Escoita a entrevista completa aquí:

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES