viernes, marzo 29, 2024
InicioNewsComarcasTui, sen novos contaxios nunha semana e O Covelo, libre do virus

Tui, sen novos contaxios nunha semana e O Covelo, libre do virus

Tui non rexistra agora ningún positivo entre a súa veciñanza en 7 días. Cómpre lembrar que o municipio foi un dos que permaneceu máis tempo coas medidas máis restritivas por mor da súa incidencia.

Con 0 positivos entre a súa veciñanza en 7 días, Tui é un dos concellos nos que se atopa sen contaxios nunha semana xunto con Fornelos de Montes, Salceda de Caselas e Mondariz. Con todo, estes municipios si rexistran casos en dúas semanas polo que aínda non é posible incluílos na listaxe dos que están libres do virus como si o están o de Arbo, Mondariz- Balneario e, segundo a última actualización de Sanidade, O Covelo, que pasa así agora a non ter ningún positivo en COVID-19 nin en 7 nin en 14 días.

É a primeira vez nun mes que no Covelo non hai contaxios nin a 7 nin a 14 días e no caso de Tui, é a primeira vez que se atopa sen positivos entre a súa veciñanza nunha semana desde que Sanidade ofrece a indencia dos municipios en relación a 7 días.

Pola súa banda, é Baiona o concello coa peor situación epidemiolóxica da bisbarra con máis de 125 casos por cada 100.000 habitantes nunha semana sen superar, iso sí, os 150 en 14 días.Así que continúa fóra da zona considerada de risco polo SERGAS, pero é a incidencia máis alta que se rexistra nas comarcas.

Soben os contaxios en Salvaterra de Miño cunha incidencia que oscila entre os 10 e os 25 casos por cada 100.000 habitantes. Na xornada anterior, non rexistraba ningún contaxio entre a súa veciñanza nunha semana. A 14 días, tamén aumentan os casos en Oia cunha incdiencia que supera agora os 50 casos por cada 100.00 habitantes, onte non se achegaba a esta cifra.

A maioría dos concellos das comarcas seguen na incidencia inferior a 75 casos por cada 100.000 habitantes: A Guarda, O Rosal, Tomiño, Oia, Gondomar, Nigrán, Vigo, Redondela, Soutomaior, Crecente, As Neves, O Porriño e Pazos de Borbén.

Nunha mellor situación epidemiolóxica, pois non superan os 25 casos por cada 100.000 habitantes, atópanse os concellos da Cañiza, Salvaterra de Miño e Mos. En Ponteareas non hai máis de 10 casos por cada 100.000 habitantes nunha semana.

 

Máis de 500 casos en COVID-19 activos

A Área Sanitaria de Vigo aumenta nun positivo máis o número de casos activos en COVID-19: 501 veciños e veciñas da área teñen o virus. Deles, 53 están en camas convencionais e 9 na UCI.

 

 

 

 

 

 

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES