jueves, marzo 28, 2024
InicioNewsComarcasPazos de Borbén sobe ao nivel alto e Soutomaior descende ao máis...

Pazos de Borbén sobe ao nivel alto e Soutomaior descende ao máis baixo

Pazos de Borbén pasa a estar no nivel alto de restricións, xunto con Baiona, a partir do luns 29 de marzo. Souotmaior descede ao máis medio-baixo

O subcomité clínico de expertos que avalía a situación da COVID-19 en Galicia, e que se reuniu esta mañá, decide que pola súa situación epidemiolóxica, deben rexer as medidas do nivel alto no concello de Pazos de Borbén. Isto quere dicir, que a hostalería só pode atender ao 50% do aforamento nas terrazas, sen posibilidade de servir no interior dos locais. Con estas medidas xa amenceron en Baiona e continuarán, cando menos, ata o próxima reunión do Comité Clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia da COVID-19.

Cómpre lembrar que, segundo a última actualización do SERGAS, son estes dous concellos os que presentan os peores datos da bisbarra con  respecto á presión do virus entre a súa veciñanza  ao rexistrar máis de 125 casos por cada 100.000 habitantes nunha semana.

Hai máis cambios nos municipios das comarcas. Desta vez, Soutomaior descende ao  nivel menos restritivo de Sanidade, ao medio-baixo. Así, ao inicio da semana, a partir do lunes 29 de marzo, os hostaleiros e as hostaleiras desta localidade poden atender ao 75% do aforamento nas terrazas e ao 50% da capacidade no interior dos locais. Ata o de agora, rexían as medidas do nivel medio.

A mobilidade é plena entre todos os concellos de Galicia agás no que rexe as medidas do nivel máis restritivo, que neste caso é en Beade, na provincia de Ourense. Alí, non se pode nin entrar nin saír de non ser por causas xustificadas.

O horario de apertura da hostalería continúa ata as 21:00 horas en toda a comunidade e mantense, igualmente, a hora de recollida ás 22:00 horas. Como unha das medidas para os periodos festivos, as reunións nos espazos privados quedan restrinxidas a só conviventes e Galicia está pechada perimetralmente como as demais Comunidades Autónomas.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES