viernes, abril 19, 2024
InicioNewsComarcasO Rosal, Pazos de Borbén, Mondariz, Arbo e Tomiño, sen positivos en...

O Rosal, Pazos de Borbén, Mondariz, Arbo e Tomiño, sen positivos en 7 días

O SERGAS non detectou ningún caso positivo en COVID-19 en 7 días nestes municipios.

Segundo a última actualización de Sanidade, o virus deixou de circular durante unha semana en cinco concellos: O Rosal, Pazos de Borbén, Mondariz,  Arbo e Tomiño. Neste último, son xa varias xornadas con cero positivos en 7 días. Con todo, si contan todos eles con casos activos a dúas semanas polo que non é posible incluílos na listaxe de municipios libres de COVID-19.

Pola contra,aumenta a incidencia en relación aos novos casos diagnosticados polo SERGAS no Porriño e en Baiona.  O municipio da Louriña ten agora máis de 25 contaxios por cada 100.000 habitantes nunha semana  e no do Val Miñor, con 10 positivos novos en 7 días, un máis que na xornada anterior, a presión do virus aumenta a máis de 75 contaxios por cada 100.000 habitantes nunha semana. Na anterior actualización non os superaba.

 Nigrán, Vgo, Redondela e Crecente manteñen a súa incidencia entre os 25 e os 75 contaxios por cada 100.000 habitantes nunha semana ao igual que Tui, Soutomaior, Ponteareas e A Guarda con non máis de 25 casos positivos novos en 7 días. Nunha peor situación epidemiolóxica, atópanse os municipios de Oia, Gondomar, A Cañiza, Salvaterra de Miño e Mos con máis de 75 contaxios por cada 100.000 habitantes nunha semana e preto dos 250 a 14 días no caso de Baiona e Gondomar.

Si están libres de COVID-19 os concellos das Neves, Mondariz-Balneario, Salceda, O Covelo e Fornelos de Montes.

Aumentan os novos casos diagnosticados por Sanidade na Área

Son 18 novos positivos en COVID-19 máis que onte, segundo a última actualización de Sanidade, ata os 627 casos activos. Ademais, repunta as hospitalacións con catro persoas máis ingresadas con 43 en camas convencionais e 5 nas UCI. Deste xeito, a Área Sanitaria de Vigo xunto coa de Santiago son as dúas áreas nas que aumentan os contaxios.

 

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES