viernes, abril 19, 2024
InicioNewsComarcasO Porriño continúa subindo a incidencia e Mos baixaa a 14 días

O Porriño continúa subindo a incidencia e Mos baixaa a 14 días

A incidencia do Porriño achégase aos 75 casos por cada 100.000 habitantes, segundo o SERGAS. Onte, non superaba os 25 casos por cada 100.000 en 7 días

O Porriño sitúase así na mesma incidencia a unha semana, en relación aos contaxios en COVID-19, que Vigo, Redondela, O Covelo, A Cañiza e Mos, segundo a última actualización de Sanidade. Pola súa banda, Mos consegue rebaixar a presión da COVID no municipio a 14 días cunha incidencia inferior aos 150 casos por cada 100.000 habitantes en dúas semanas cando na xornada anterior achegábase aos 250. A Cañiza mantén os seus datos con respeto aos 7 días mais aumenta a incidencia en dúas semanas ata os 150 casos por cada 100.000 habitantes.

A Guarda e Pazos de Borbén están agora coa mesma incidencia que Soutomaior ao rexistrar entre 75 e 125 casos por cada 100.000 habitantes nunha semana. Aumentan así os contaxios en 7 días nestes concellos. Sanidade vén de realizar un cribado na Guarda , do que aínda non informaron dos resultados, co fin de recoller información sobre a circulación do virus no municipio.

Nigrán e Gondomar xa non teñen o contador a cero en canto aos novos casos diagnosticados en 7 días como si o tiña ata o de agora. Volve a rexistrar contaxios entre a súa veciñanza nunha semana, aínda que non máis de nove candanseu. A incidencia, con todo, segue afastada da consdierada de risco polo SERGAS posto que non chega aos 10 casos por cada 100.000 habitantes nunha semana. Incorpórase Tui a esta incidencia coa nova actualización de Sanidade e sitúase así no mesmo nivel de presión en canto á COVID-19 que Baiona, As Neves e Ponteareas

Salceda de Caselas baixa tamén a incidencia acumulada nunha semana e non acada agora os 25 casos por cada 100.000 habitantes. Nesta mesma situación epidemiolóxica, atópanse os concellos do Rosal, Tomiño e Mondariz.

Fornelos de Montes súmase á lista dos municipios libres de COVID-19 xunto con Salvaterra de Miño, Oia, Arbo, Crecente e Mondariz-Balneario

Dous falecementos na área nas últimas horas

O SERGAS notificou onte un falecemento no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo dun home de 86 anos no 11 de marzo e dunha muller de 88 anos, tamén no CHUVI, de 88 anos, no 10 de marzo.  Ambos presentaban patoloxías previas, segundo informa Sanidade.

Con estas novas mortes, a Área Sanitaria de Vigo rexistra 402 falecementos por mor da COVID-19 dende o inicio da pandemia. Non se produciu variación na presión hospitalaria nas últimas 24 horas.

 

 

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES