jueves, abril 18, 2024
InicioNewsComarcas"O mellor xamón de Galicia está na Cañiza"

«O mellor xamón de Galicia está na Cañiza»

A Cañiza conta cun programa de actividades, ata o 15 de agosto, para promocionar o xamón da localidade.

 

A Feira-Festa do Xamón da cañiza adáptase un ano máis ao contexto da pandemia da COVID-19 e degustarase o producto típico da localiade na hostalería do municipio, un dos sectores máis afectados polas restricións para facer fronte ao avance do virus.

O alcalde da Cañiza, na presentación, puxo en valor a calidade do xamón «que é o mellor de Galicia».

Entre as actividades, destaca a actuación de Milladoiro, entre outras.

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, tamén estivo na presentación e animou a visitar o municipio «pola súa gastronía, paisaxe… e porque se quere ser feliz veña A Cañiza», en palabras de Silva, que lembrou que a provincia «obtén os recoñecementos sobre os mellores coidados e atención».

Non se organizará o tradicional acto público do 15 de agosto na Feira-Festa do Xamón, que é de interese cultural, porque a situación epidemiolóxica «pide reponsabilidade», segundo sinalou o rexedor Luis Piña.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES