viernes, marzo 29, 2024
InicioNewsComarcasMos pasa, finalmente, ao nivel medio de restricións

Mos pasa, finalmente, ao nivel medio de restricións

Mos, no nivel medio de restricións, o máis baixo, logo dun cambio de última hora de Sanidade.

Así, o Concello de Mos sitúase, a partir das 00:00 horas do venres, no nivel medio de restricións polo que se iguala ao resto dos municipios das comarcas. Isto quere dicir que, a partir do venres, a hostalería pode abrir tamén no interior dos locais ao 30% da capacidade e ao 50 % do aforo nas terrazas. Ademais, cambia a mobilidade dos veciños e das veciñas: poderán desprazarse a todos os concellos da bisbarra agás a Soutomaior, que se atopa no nivel alto de restricións.

En Soutomaior, a hostalería pode abrir ao 50% só nas terrazas e a mobilidade da veciñanza amplíase a partir do venres 00:00 horas a municipios co mesmo nivel alto de restricións: Ponte Caldelas, Vilanova de Arousa, Cambados, Guitiriz, Lourenzá, Chantada, Mugardos, Cariño, Arteixo, Miño e Sobrado. Ningún deles da Área Sanitaria de Vigo. Permítense neste cambio de nivel as reunións de ata un máximo de catro persoas non conviventes.

Os demais concellos das comarcas continúan no mesmo nivel medio, como ata agora.

Así explica o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, o cambio de criterio no Concello de Mos:

O conselleiro insistiu en que os datos de Galicia son bos, pero insiste na prudencia.

 

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES