jueves, marzo 28, 2024
InicioNewsComarcasMos e Soutomaior, no nivel medio de restricións do que sae Ponteareas

Mos e Soutomaior, no nivel medio de restricións do que sae Ponteareas

Sanidade anuncia, amáis, que a partir do sábado non quedará ningún concello en nivel máximo nin en nivel alto de restricións por COVID-19.

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar na súa xuntanza desta tarde o nivel medio de restricións para os concellos de Mos, Oroso, Soutomaior, Viveiro e Xove. Isto implica que a hostalería poderá abrir ao 50% do aforamento nas terrazas e ao 30% no interior dos locais a partir do sábado 12 de xuño.

Ponteareas amplía, pola súa banda, aforamentos ao sair do nivel medio. Os hostaleiros e as hostaleiras da vila do Corpus poderán atender á clientela á metade da capacidade no interior dos locais e ao 75% no exterior.

Os resto dos concellos galegos sitúanse en nivel medio baixo. Non hai polo tanto, ningún concello que teña que cumprir as restricións de nivel máximo ou de nivel alto. O comité volverase reunir o vindeiro martes para analizar, de novo, a situación epidemiolóxica de cada concello. Deste xeito, ningunha localidade de Galicia terá a hostalería pechada nin tampouco ningunha estará pechada perimetralmente.

Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro sábado, 12 de xuño.

Este mércores o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, comparecerá ante os medios de comunicación sobre as 13:30 horas para dar conta destas medidas.

 

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES