viernes, marzo 29, 2024
InicioNewsComarcasMos e O Rosal baixan ao nivel medio de restricións

Mos e O Rosal baixan ao nivel medio de restricións

Non será necesario presentar un certificado COVID para acceder ao interior dos locais da hostalería a partir do sábado 14.

O Comité Clínico que asesora á Xunta na pandemia do coronavirus vén de aliviar as restricións nos concellos de Mos e O Rosal, entre outros. Ambos municipios situábanse no nivel alto de restricións mais a partir do sábado 14 rexerán as medidas do nivel medio. Isto quere dicir, que deixa de ser obrigatorio presentar un certificado COVID (proba negativa, pauta completa de vacinación ou acareditación de ter superado a enfermidade) para acceder ao interior dos locais da hostalería. Os aforamentos do sector continúan co 50% no interior e do 50% nas terrazas. 

O que si muda nestes concellos son as condicións de apertura e peche do ocio nocturno. A clientela poderá ocupar á metade do local no interior e o 100% nas terrazas ata as 03:00 h  da madrugada. A partir desa hora, só están permitidas as reunións de persoas conviventes.

Nas comarcas, continúan no nivel medio de restricións Mondariz, Ponteareas e Salceda de Caselas.

Ao inicio da fin de semana, rexerán tamén estas medidas nos municipios de Corcubión, Paderne, Ponteceso, Coristanco, Muxía, Oza-Cesuras, Vimianzo, Abegondo, Cabana, Coirós, Bergondo, Curtis, Camariñas, Carral, Cerceda, Cariño, Narón, Neda, Ares, Ortigueira, As Pontes, Cedeira, Fene, Touro, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Melide, Padrón, Santiago de Compostela, Teo, Valga, Carnota, Oroso, Rianxo, Silleda, Monterroso, Palas de Rei, Cospeito, Guitiriz, Cervo, Monforte de Lemos, Mondoñedo, Sarria, Vilalba, Riós, Avión, A Rúa, Monterrei, Xinzo de Limia, O Carballiño, Ourense, Celanova, Coles, Allariz, A Illa de Arousa, A Lama, Cuntis, Barro, Ponte Caldelas, Vilanova de Arousa e Catoira.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES