sábado, abril 20, 2024
InicioComarcasO CondadoSalvaterra inicia as obras de saneamento en Poza, Arras e Monte da...

Salvaterra inicia as obras de saneamento en Poza, Arras e Monte da Bouza

As obras incluídas neste proxecto consisten na construción de varios tramos de colector de saneamento coa canalización de tuberías de PVC e todas as actuacións complementarias: escavacións, pozos e reposicións.

Salvaterra de Miño inicia as obras de saneametno en Poza, Arras e Monte da Bouza, na parroquia de Cabreria, segundo fai saber a adminsitración local. O grupo de goberno «vén facendo nos últimos anos un forte esforzo de investimentos para mellorar e ampliar a rede de saneamento e, dentro desta liña de traballo, o Concello xa iniciou as obras de saneamento nos barrios da Poza, Arras e Monte da Bouza, na parroquia de Cabreira por un importe superior aos 43.000 euros a través do Plan Concellos da Deputación provincial», segundo indica nun comunicado.

As obras incluídas neste proxecto consisten na construción de varios tramos de colector de saneamento coa canalización de tuberías de PVC e todas as actuacións complementarias como escavacións, pozos ou reposicións. En total, executaranse 436 metros de tubería de PVC de 250mm de diámetro nominal. Os tramos a executar desembocarán en colectores existentes, polo que as vivendas poderanse conectar á rede de saneamento actual, unha vez rematada a obra.

Nos puntos necesarios, tales como cambios de dirección, conexións con outros colectores e conexións con acometidas domiciliarias, instalaranse pozos de rexistro, que facilitarán tamén as labores de limpeza dos colectores

 
 
ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES