jueves, abril 25, 2024
InicioComarcasO CondadoSalvaterra de Miño estrea a nova biblioteca municipal

Salvaterra de Miño estrea a nova biblioteca municipal

Sitúase na antiga Casa do Concello.

Salvaterra de Miño xa ten unha nova biblioteca municipal, «adaptada ao século XXI», tal e como dixo a alcaldesa Marta Valcárcel na inauguración este luns. Tamén acudiu o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o ex rexedor da localidade, Arturo Grandal.

O arquitecto do proxecto, Eder Ozorws, explicou que hai dúas salas de estudo e de lectura, otra máis polivalente e, incluso, unha zona para relaxarse. Escoita aquí a intervención completa:

 

 A biblioteca, que se sitúa no recinto amurallado de Salvaterra, é «a que demandaba o estudantado», segundo a alcaldesa Marta Valcárcel, e calificouna como «unha das obras centrais do programa de goberno». Todo elo, nun municipio onde ten unha enorma importancia a poboación infantil:

Pola súa banda, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, augura o inicio «dunha nova vida en Salvaterra de Miño» e referiuse á nova biblioteca municipal «como exemplo do compromiso» da administración autonómica «que se suma a outras iniciativas levadas a cabo, entre as que destacan a creación da área recreativa de Teáns, a recuperación de espazos degradados, axudas para renovar contedores de residuos ou o estudo de especies invasoras no Miño»:

O investimento de 300.000 euros foi financiado pola Xunta de Galicia nun 70% e nun 30% polo Concello de Salvaterra de Miño a través do Plan Concellos.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES