viernes, marzo 29, 2024
InicioComarcasO CondadoSalvaterra e Monção, sedes para o fútbol internacional e solidario

Salvaterra e Monção, sedes para o fútbol internacional e solidario

Trátase dunha competición na categoría sub-14 con denominación Frontera Zero.

Os vindeiros 11 e 12 de xuño e nun paso máis nas relación da Eurocidade, Salvaterra de Miño e Monçao formarán parte dun Torneo Solidario sub-14 con denominación Frontera Zero e que terá como sedes o Estadio Manuel Lima (Monçao) e o Campo Municipal de Dextros (Salvaterra).

«Este torneo persegue converterse en referente no cruce da fronteira entre España e Portugal», segundo explica a administración local, polo que «é preciso contar  con clubes importantes dos dous países para calibrar o alto nivel que existe e, sobre todo, fomentar as relacións humanas entre clubes, adestradores, xogadores, pais e nais que están inmersos nesta actividade deportiva día a día».

O torneo tamén ten como obxectivo  axudar e dar visibilidade a unha academia de fútbol situada en Guinea Bisáu, o INTER G.B (Academia Internacional da Guiné- Bissau) xa que, entre outros motivos, varios dos xogadores que hoxe son parte da plantilla do Desportivo Monçao, se formaron nesta Academia e son nados neste país africano, colonia do noso país veciño durante o século XIX e denominada Guinea Portuguesa ata a súa independencia no ano 1973.

«É indubidable as boas relacións entre estes dous países e de ahí que naza este proxecto integrador que ten no deporte, neste caso no fútbol, o seu eixe principal», apuntan dende o Concello de Salvaterra de Miño.

Ademais da participación dun equipo desta Academia, entre os clubes españois e portugueses de prestixio estarán o RC Celta, o Real Valladolid, C.D Lugo, Río Ave, Vitória S.C e S.C Braga.

Eclogobal Sports tamén quixo contar coa participación especial dos dous clubes anfitrións para esta 1ª Edición, como son o Clube Desportivo de Monçao e as E.D.SALVATERRA. Deste xeito, «teremos participación salvaterrense nun evento tan fermoso e solidario coma este, onde co intercambio cultural como bandeira, implicaranse outros valores fundamentais no desenvolvemento dos xóvenes deportistas como son a integración, a deportividade, a disciplina e o respeto».

Dende o Concello «invitamos a todas as persoas que desexen pasar unha fin de semana cultural, deportiva e de balde, para que asistan ao Campo Municipal de Dextros e ao Estadio Manuel Lima  na que será unha experiencia pioneira multicultural da chamada Eurocidade».

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES