viernes, marzo 29, 2024
InicioComarcasO CondadoO PP rexistrará unha iniciativa no Congreso para que se destinen fondos...

O PP rexistrará unha iniciativa no Congreso para que se destinen fondos para a N-120

A líder dos populares en Ponteareas, Belén Villar, recibiu na sede municipal á deputada nacional Ana Pastor e aos tamén deputados Javier Bas, Diego Gago e Juan Constenla «para referendar o compromiso en Madrid con Ponteareas», segundo apuntaron.

 
Xa non se pode aguantar máis o «estámolo estudiando». Así o dixo a deputada popular no Congreso Ana Pastor na súa visita a Ponteareas este venres, que  anunciou que, en setembro, o PP presentará unha iniciativa na Conmisión de Fomento do Congreso dos Deputados para que se destinen fondos «de forma urxente a Ponteareas». Refírese a deputada, en concreto, á todavía pendente mellora da N-120 e a construción da variante de aceso ao pobo.
 
Pastor aseverou que “primeiro desaparece o diñeiro, logo dous anos estudando o suposto proxecto e xa abonda». Explicou a deputada popular que «eu asinei como ministra estes investimentos e o convenio para o cambio de titularidade municipal do tramo urbano e desde entón non se moveu nin un só papel». É máis, a deputada di que «o certo é que non hai proxecto, non hai licitación e tampouco sabemos onde está o diñeiro e os veciños da contorna da N-120 xa non poden esperar máis».
 
Neste senso, a deputada, que iniciou a súa intervención trasladando as condolencias polos pontareanos falecidos durante a pandemia e que animou a vacinarse e seguir sendo prudentes, foi a encargada de facer balance deste últimos tres anos de Goberno de Pedro Sánchez e concluiu que «en Ponteareas os feitos non existen, os veciños e as veciñas non é que se viron favorecidos en algo, é que lles retiraron todo posto que desapareceron os 27 millóns de euros de investimento para a N-120 e a variante e aquí nunca máis se soubo nada».
 
 
 
Pola súa banda, a líder da oposción na vila do Corpus, a popular Belén Villar, criticou a «inacción do goberno local, que está resignado e non busca solucións, eu teño o respaldo do meu partido para usar todas as ferramentas posibles que fagan presión e poidan devolver os investimentos á miña terra, Ponteareas”.
 
 
Na sede municipal, membros da Plataforma de Afectados da N-120 recibiron tamén aos deputados populares. Tanto Ana Pastor como Javier Bas, Diego Gago e Juan Constenla coincidiron en recoñecer a insistencia da popular Villar  en resolver os asuntos do municipio de Ponteareas.
 

Críticas á política do Goberno liderado por Pedro Sánchez

 
Ademais, os deputados, fixeron referencia á subida de impostos xeneralizada en plena crise económica derivada da pandemia. “Non se pode cargar con máis impostos aos españois e aos pontareanos. O sector dos salóns de peiteado non aguanta máis”, dixo Pastor. “Non imos ceder fronte un ben básico como é a enerxía. Temos o custo da luz máis cara de toda Europa. Encareceron, nas horas de máis consumo, a factura da luz ”, explicou o popular Diego Gago. Sobre a chegada do AVE a Galicia manifestaron que “esperamos que non sufra máis atrasos e chegue a finais deste ano”.
 
 
 
 
 
 
 

 

 
 

 

 
 
 
 
 
 
 
 

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES