jueves, marzo 28, 2024
InicioComarcasO CondadoOs Biosbardos pide xustiza para Bondad

Os Biosbardos pide xustiza para Bondad

A protectora denuncia pola vía penal a unha persoa que deixou nun monte, metida nun saco pechado, a unha cadela que moreu pouco tempo despois.

A Asociación Protectora de Animais Os Biosbardos presentou o pasado xoves, día 7, denuncia ante os Xulgados de Ponteareas pola comisión dun delito de maltrato animal, contemplado no do artigo 337.3 do Código Penal. Os feitos denunciados teñen que ver con ‘Bondad‘ , unha cadela de dous meses, atopada o 28 de marzo de 2022 dentro dun saco pechado, nun monte en Salvaterra. A cadela que apareceu rodeada de excrementos, presentaba un gravísimo estado debilidade e desnutrición qye non pudo superar, pese aos coidados dos veterinarios, morrendo cinco días máis tarde, o pasado 2 de abril.

Dende Os Biosbardos aseguran que «atopámonos cuns feitos nos que a persoa responsable levou a cabo unha conducta dirixida a causar dor e sufrimento a cadela que tivo como resultado a morte da mesma», concorrendo o tipo agravado do delito de maltrato animal 337.3 CP e lembran que «dende o pasado 5 de xaneiro de 2022, en España os anumais son seres sentintes dotados de especial sensibilidade, se ben dito recoñecemento xa o realizaba o Tratado de Funcionamento da Unión Europea e que o Estado ratificou o Convenio Europeo de Proteción de Animais de Compaña».
 
Actualmente o Anteproxecto da Lei de Protección e Dereitos dos Animais atópase bloqueado e paralizado, explican,  «con todo isto acudimos á lexislación vixente en materia de protección e benestar animal recollida nos tipos penais relativos ao maltrato animal, ao novo status que descosifica aos animais, ás normativas de protección autonómica nesta materia e aos Tratados e Convenios indicados anteriormente».
 

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES