jueves, marzo 28, 2024
InicioComarcasO CondadoRepunta do abandono de animais na bisbarra

Repunta do abandono de animais na bisbarra

A protectora Os Biosbardos, de Ponteareas, adícase ao rescate e recuperación de animais. No que vai de 2021 recolleu máis de 300 cans. Atende a máis de 500, un 15% nas instalacións que ten cedidas na Picaraña, e o resto en casas de acollida. Pide campañas de concienciación contra o abandono.

A maioría dos cans que atende están en casas de acollida por falla de espazo e por requeriren coidados especiais polas súas patoloxías.
Os seus gastos anuais requiren dun orzamento de 180.000 euros. Financianse con donativos, coas cotas anuais dos socios de 20 euros, e coa venda de artigos de segunda man, principalmente. Sempre teñen déficit.
Nos últimos anos están a notar un preocupante incremento do abandono. En épocas anteriores recollían moitos cans abandonados ao rematar caza pero este ano levan recollido moitos procedentes de casas, en moitos casos ben coidados, que os abandonan.
Nos Biosbardos traballan altruistamente preto de 90 voluntarios, que se encargan da atención e limpeza, das adopcións e recollidas ou de levalos ao veterinario, entre outros traballos.
Tamén hai persoas que colaboran puntualmente sacando aos cans a pasear polo monte, como María Sauquillo, de 9 anos, que desde fai dous se achegou cando pode co seu pai.
Para seguir adiante a protectora Os Biosbardos ten necesidades económicas, materiais e de voluntariado pero sobre pide a implicación das administracións para facer campañas de concienciación contra o abandono cara a tenencia responsable de animais.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES