sábado, abril 20, 2024
InicioComarcasO CondadoO PP de Ponteareas presenta a Nava Castro como candidata o luns...

O PP de Ponteareas presenta a Nava Castro como candidata o luns 30

Ao acto acudirá o presidente dos populares en Galicia, Alfonso Rueda.

A Praza Maior de Ponteareas é o escenario no que Nava Castro Domínguez será presentada o luns 30 de xaneiro como candidata do Partido Popular da vila do Tea. Será ás 19:30 horas nun acto ao que acudirá a primeira liña do PP de Galicia, entre eles, o presidente Alfonso Rueda.

Deste xeito oficializarase a Nava Castro Domínguez como candidata dos populares na capital da comarca do Condado. A actual directora xeral de turismo ten a misión de recuperar o electorado que os populares perderon nos anteriores comicios. Nas últimas eleccións municipais, os conservadores obtiveron 2.000 votos fronte aos 4.000 dos nacionalistas. O BNG é o actual grupo de goberno da localidade.

Nava Castro Domínguez malia ostentar diferentes cargos na Xunta de Galicia e mesmo no Congreso dos Diputados sempre viviu en Ponteareas e foi concelleira de Servizos Sociais e tamén alcaldesa do municipio durante tres anos.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES