jueves, marzo 28, 2024
InicioComarcasO CondadoO Ministerio publica no BOE a mellora da seguridade viaria da N-120

O Ministerio publica no BOE a mellora da seguridade viaria da N-120

Ábrese o período de alegacións e observacións.

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (MITMA) vén de publicar, con data 21 de marzo, o anuncio no Boletín Oficial do Estado polo que se aproba provisionalmente o proxecto do trazado de construción de glorietas e tratamento de marxes da estada Nacional 120. Deste xeito, sométese o proxecto ao informe dos organismos que afecta como a Confederación hidrográfica Miño Sil, a Deputación de Pontevedra, o Concello de Ponteareas, a dirección xeral de patrimonio natural e a de patrimonio cultural ao igual que as compañías ou titulares dos servizos afectados. A partir deste luns, o proxecto estará sometido a exposición pública 30 días. 

A actuación do MITMA, que conta cun orzamento de 3.349.639,37 euros, afecta a 81 parcelas das que seis son propiedade da Xunta de Galicia, o Concello de Ponteareas, a Deputación e empresas da contorna. Dende a Plataforma N-120 explican que comenzarán esta mesma tarde a supervisar o documento que contén máis de 1.000 páxinas.

Segundo informa a subdelegación do goberno, a actuación céntrase no tramo da estrada comprendido entre o núcleo urbano de Ponteareas e a intersección do Confurco. Trátase dun tramo de aproximadamente 5 quilómetros de lonxitude no que se desenvolverán actuacións que permitirán o acondicionamento de interseccións mediante a implantación de glorietas, a reordenación dos accesos e a execución dunha senda peonil anexa á estrada. O proxecto contempla, ademais, a aplicación dunha nova capa de rodadura en todo o tramo, a mellora da permeabilidade transversal, así como a adecuación da sinalización, o balizamento e as defensas á nova solución.

 

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES