jueves, marzo 28, 2024
InicioComarcasO CondadoO BNG de Balneario urxe ao Concello a actuar para evitar un...

O BNG de Balneario urxe ao Concello a actuar para evitar un novo derrube

Os nacionalistas aseveran que existe «o risco de que volva caer outra árbore no municipio».

O BNG de Mondariz-Balneario, o grupo da oposición,  urxe ao Concello a actuar co fin de evitar que se produzan novas caídas de árbores. Os nacionalistas argumentan que «cinco meses despois do fatal suceso nos Xardíns do Gran Hotel,nada mudou» porque «existe o risco de que un acontecemento como aquel volva suceder». Refírense ao mes de outubro de 2021, cando unha muller perdeu a vida durante a celebración dun acto cultural ao derrubarse unha árbore. 

A día de hoxe, din os do Bloque Nacionalsita Galego, «non hai ningunha medida que estea dirixida a reconducir o maltrato e as malas praxes no mantemento, polo que a degradación sobre os outros pés segue sendo unha realidade e o risco de que colapsen segue incrementándose cada día que pasa».

Reactivar a comisión de investigación

A comisión de investigación que aprobou o pleno municipal, a proposta do BNG, para esclarecer os feitos do suceso de outubro de 2021, no que a caída dunha árbore levou por diante a vida dunha muller nos Xardíns do Gran Hotel, continúa paralizada. Os nacionalisas critican que «o alcalde, Jose Antonio Lorenzo, soamente convocou unha das tres xuntanzas acordadas coas diferentes partes implicadas no suceso» e que «a día de hoxe non se elaborou ditame algún polo que de nada serviu o acordo plenario e a situación segue sendo a mesma, co risco que isto supón para as persoas que gozan do entorno privilexiado que constitúe a vila balnearia».

Así as cousas, esixen, «unha vez máis», a convocatoria das xuntanzas da comisión de investigación e que interveñan os técnicos de Areeiro, o ente que depende da Deputación de Pontevedra que calificou a árbore que caiu de perigrosa. Segundo o rexedor «negaronse a participar» pero os nacionalistas piden unha confirmación oficial e, pola súa banda, a administración provincial explica que «xa remitiron o informe que solicitou o concello e que non é que non queiran intervir, é que era ler o informe».

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES