viernes, abril 26, 2024
InicioComarcasO Condado"O alcalde quere finalizar a comisión de investigación por inactividade"

«O alcalde quere finalizar a comisión de investigación por inactividade»

A oposición de Mondariz-Balneario amosase «decepcionada» porque as reunións para esclarecer o que pasou coa árbore que acabaou coa vida dunha muller nos Xardíns do Gran Hotel están paralizadas.

«O alcalde quere que se finalice a comisión de investigación por inactividade». Así explica o líder da oposición en Mondariz-Balneario, o nacionalista César Gil, a situación na que se atopa as reunións que puxo en marcha o Concello, por unha proposta do BNG, para esclarecer que ocorreu no fatal suceso no quea caída dunha árbore lle causou a morte a unha muller nos Xardíns do Gran Hotel. So se convocou unha reunión na que «non se chegou a unha conclusión para coñecer as responsabilidades», di Gil. Amosanse «decepcionados co goberno»,  aínda que admite que non hai ningunha lei que obrigue ao rexedor a continuar coa comisión e intúe que «o alcalde quere olvidar o que pasou».

Escoita a entrevista completa aquí:

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES