jueves, marzo 28, 2024
InicioComarcasO CondadoFalece un operario de Mondariz mentres cortaba árbores

Falece un operario de Mondariz mentres cortaba árbores

Un veciño de Mondariz-Balneario, natural de Cernadela, de 54 anos de idade e que responde ás iniciais de U.S., morreu na tarde de hoxe mentres cortaba uns eucaliptos.

O varón, que traballaba como operario do Concello de Mondariz, faleceu á primeira hora da tarde, na estrada que une as parroquias de Cernadela e Sabaxáns. Aínda que o 112 Galicia se refire ao suceso coma un accidente, fontes consultadas por Sí Radio apuntan á morte natural como causa do falecemento, polo que será a autopsia a que determinará o motivo.

O operario foi atopado inconsciente nas proximidades da Ponte de Sabaxáns. Segundo testemuñas, había unha árbore na estrada, xa troceada, pero el atopábase lonxe, sen feridas nin signos de sufrir un accidente.

Ademais, a motoserra coa que estaba traballando, tamén de atopaba lonxe. Todo apuntaba a un infarto, e non a que foi alcanzado polo eucaliptio.

Desde o 112 pasouse aviso aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que, requeriron a mobilización do helicóptero medicalizado con base en Ourense ata a zona. Unha vez no lugar e ao comprobar que o varón estaba falecido, o equipo médico de urxencias comunicou a anulación da aeronave.

Para aclarar as circunstancias do suceso, ata o lugar desprazáronse os axentes da Garda Civil tras ser avisados polos xestores do 112. Ademais, tamén solicitouse a colaboración dos membros de Protección Civil da Mancomunidade Oitavén-Tea. 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES