sábado, abril 20, 2024
InicioComarcasO CondadoDetido un mozo das Neves logo dunha persecución policial polas rúas de...

Detido un mozo das Neves logo dunha persecución policial polas rúas de Ponteareas

Ao facer caso omiso ás ordes e ante o risco de poder ser atropelados polo vehículo que conducía o fuxitivo sen carné, os axentes víronse na obriga de desenfundar as súas armas

O Concello de Ponteareas informa este xoves de que a Policía Local de Ponteareas denunciou por varios delitos e infraccións a un condutor sen permiso de conducir tras darse á fuga nun control policial na tarde do pasado domingo, na rotonda da Avenida Fermín Bouza Brey coa Avenida de Castelao. Cando os axentes deron o alto ao vehículo, o seu condutor acelerou a marcha, derrapando sobre a parte central da glorieta e continuando a grande velocidade pola Avenida de Castelao, invadindo o carril de circulación contrario e poñendo en risco a seguridade doutras persoas.
A patrulla da Policía Local iniciou a súa persecución, e grazas á colaboración de varios viandantes, o vehículo foi localizado no interior dun aparcadoiro sen saída onde circulaba a gran velocidade, causando danos a outros vehículos. Os axentes bloquearon a saída do estacionamento e ordenaron ao condutor apagar o coche e saír do mesmo. Ao facer caso omiso ás ordes e ante o risco de poder ser atropelados polo vehículo, os axentes víronse na obriga de desenfundar as súas armas regulamentarias, momento no que o condutor apagou o coche e saíu do mesmo.
No vehículo viaxaban catro persoas de entre 19 e 22 anos. O condutor, E.V.P, veciño da localidade de As Neves, de 22 anos, con antecedentes policiais, carece de permiso de conducir, ao non telo obtido nunca, polo que foi denunciado por un delito contra a seguridade viaria, do que deu conta esta semana nun xuízo rápido. O condutor do vehículo xa fora denunciado policialmente polo mesmo motivo noutras tres ocasións dende o mes de decembro. Ademais, o coche carecía de seguro obrigatorio polo que tamén foi denunciado por infracción administrativa moi grave, á que se engade outra por desobediencia aos axentes.
Tralo rexistro do vehículo atopouse unha navalla de 10 centímetros de folla que foi aprehendida pola Policía Local dando lugar a unha denuncia por infracción á Lei de Seguridade Cidadá. O coche foi inmobilizado e trasladado ao depósito de vehículos

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES