martes, abril 23, 2024
InicioComarcasO CondadoDelfín Domínguez, novo secretario xeral do PSOE de Ponteareas

Delfín Domínguez, novo secretario xeral do PSOE de Ponteareas

O líder dos socialistas da vila do Tea lamenta que trascendera a crise que orixinou os orzamentos no bipartito de Ponteareas porque «os veciños queren solucións».

O médico Delfín Domínguez é o novo secretario xeral do PSOE de Ponteareas tras o proceso de renovación ordinaria das súas estruturas políticas orgánicas o pasado venres 18 de marzo. Así, Domínguez afronta o liderado da nova executiva coa «clara vocación de mellorar os resultados do 2019 cunha liña política que dea resposta aos retos do municipio, poñer ao cidadán no centro da acción política».

O novo secretario xeral ten claro os principais problemas da localidade: «a xente vaise» mentres outros municipios crecen en poboación. Apunta a que os novos «non son quen de levar a cabo un proxecto de vida en Ponteareas» e considera que se debe, en parte, á falta de chan industrial, entre outras cuestións. Criticou tamén que Ponteareas ten hoxe as mesmas comunicacións «que hai 20 anos».

En canto á crise de goberno que provocou o borrador dos orzamentos no bipartito, formado polo BNG e polo PSOE, Domínguez lamenta que «trascendera aos medios» porque «os veciños queren solucións».

Podes escoitar a entrevista aquí:

 

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES