viernes, abril 19, 2024
InicioComarcasO CondadoA Xunta declara interese turístico de Galicia a festa da lamprea seca

A Xunta declara interese turístico de Galicia a festa da lamprea seca

Este evento gastronómico celébrase na primeira quincena de agosto na Carballeira de Turbela. 

O Consello da Xunta de Galicia vén de aprobar o proxecto para declarar festas de interese turístico de Galicia a festa da lamprea seca de Arbo xunto a outras festividades de Lalín, Pantón e Friol. 

A Festa da lamprea Seca celébrase na primeira quincena de agosto na Carballeira de Turbela, no municipio de Arbo. Nun primeiro momento, explica a administración autonómica, xurdiu como un acto máis da programación das festas patronais da localidade, pero «co paso do tempo a festa foi adquirindo entidade propia» polo que a «singularidade deste evento atópase fundamentalmente no mantemento da tradición do secado da lamprea para a súa conservación todo o ano». apunta a Xunta de Galicia. 

Neste senso, explica o ente autonómico, «unha vez examinadas as solicitudes presentadas, e tras os trámites perceptivos, infórmase favorablemente ao cumprir os requisitos exixidos, como a singularidade, o valor cultural, o arraigo da festa, a creatividade e innovación na celebración do evento, o nivel de dotación de infraestruturas e equipamentos para a celebración da festa e para a recepción de visitantes, a afluencia de visitantes ou o adecuado coidado das contornas
urbanas, monumentais ou paisaxísticas onde se desenvolve». 

A Xunta declarou tamén, xunto a Festa da lamprea Seca de Arbo, a Festa da Malla Tradicional de Lalín, a Feira do Viño de Pantón e a Feira do Queixo e do Pan de Friol como festas de interese tústistico de Galicia. 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES