jueves, abril 25, 2024
InicioComarcasParadanta"Sempre dixemos que o SERGAS non ía pechar o consultorio de Valeixe"

«Sempre dixemos que o SERGAS non ía pechar o consultorio de Valeixe»

Miguel Domínguez explica que o SERGAS publica no Diario Oficial de Galicia unha praza de facultativo para a atención primaria para Valeixe.

O Diario Oficial de Galicia publica unha praza para cubrir a atención primaria no consultorio da parroquia de Valeixe, no municipio da Cañiza. Ata agora, os pacientes estaban derivados ao centro de saúde da localidade porque o médico xubilouse, aínda que o equipo de enfermaría continuaba atendendo aos veciños e as veciñas.

O líder da oposición, o popular Miguel Domínguez, explica que «nós sempre dixemos que o SERGAS non ía a pechar o consultorio» e lamenta que se empregara como arma política. Critica que «o goberno da Cañiza, no lugar de poñerse en contacto con Sanidade, sairon a botarlle a culpa á Xunta de Galicia».

Escoita a entrevista completa con Miguel Domínguez:

 

O Servizo Galego de Saúde publica tamén tres novas prazas para o centro de saúde de Ponteareas, dúas en quenda de tarde e unha para a quenda de mañá. Para a comarca do Baixo Miño, destina dúas para O Rosal e unha para A Guarda. Unha máis, tamén, para o centro de saúde do Porriño. Na comarca do Val Miñor, o SERGAS destina unha praza de atención primaria en quenda de mañá.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES