martes, abril 16, 2024
InicioComarcasParadantaSanidade reitera que volverá o servizo médico ao consultorio de Valeixe, na...

Sanidade reitera que volverá o servizo médico ao consultorio de Valeixe, na Cañiza.

O alcalde, Luis Pña, mantivo unha xuntanza co conselleiro Julio García Comesaña este luns.

A cobertura do médico en Valeixe e a dotación dun cuarto médico para o centro de saúde da Cañiza foron os temas que tratou o rexedor do municipio co conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña nunha xuntanza que tivo lugar este luns e na que tamén estivo o xerente da Área Sanitaria de Vigo, Javier Puente e a directora de Atención Primaria, Reyes Díaz, tal e como informa a adminsitración local.

No encontro, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou ao alcalde Luis Piña que Sanidade «está implantando un novo modelo pilito nos centros de Valeixe e Covelo que consiste na atencións aos pacientes a través dun enfermeiro socio comunitario», explica o Concello. Piña aclarou tamén que «se a Xunta de Galicia non mantén o médico en Valeixe, tapouco ten sentido manter a praza de auxiliar adminsitrativo adscrita ao facultativo» e que é a administración local quen se fai cargo dos costes «de máis de 15.000 euros».

Así, Piña volveu a reivindicar a postura inicial da Alcaldía sobre a dotación do Médico en Valeixe e o conselleiro «reiterou que volverá a existir servizo médico no consultorio» e que a Xunta de Galicia «qué é a que ten as competencias en materia de sanidade, ten o deber de esforzarse no mantemento dos servizos sanitarios no rural, sen recortes innecesarios porque non existe a necesidade de facer axustes coa Sanidade Pública nin de crear unha atención sanitaria deficiente. Para Luis Piña «despois de máis de dous anos e medio, xa é tempo de que esta situación se resolva satisfactoriamente para todos os veciños e veciñas da Cañiza».

Pacientes derivados á Cañiza

Foi o pasado 28 de outubro de 2021 cando a alcaldía tivo coñecemento de que a praza de facultativo do centro médico de Valeixe «quedaba eliminada definitivamente e polo tanto os pacientes reasignados e distribuidos entre os tres médicos que atenden no centro de saúde da Cañiza» e, neste contexto, o Concello explica que «os argumentos do Servizo Galego de Saúde apoiábanse en que polo volumen de cartillas asignadas a cada médico, non era necesario un cuarto facultativo».

Sen embargo, segundo a administración local «dos datos extraídos do SIGAP do Sergas, as tres consultas médicas do Centro de Saúde da Cañiza e o consultorio de Valeixe suman case 4.500 cartillas». Unha circunstancia que » considerando o crecemento do padrón de habitantes desbordará, saturará e colapsará en pouco tempo a atención sanitaria nesta localidade». Amais, no caso da Cañiza «se complica e se duplica por contar cunha poboación altamente envellecida»

Así as cousas, o alcalde Luis Piña reivindica novamente  a cobertura da praza de médico en Valeixe e a dotación dun 4º facultativo para o Centro de Saúde da Cañiza «que podería ser cuberto polo mesmo profesional».

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES