jueves, abril 18, 2024
InicioComarcasParadantaO Xulgado obriga ao alcalde da Cañiza a repetir o pleno da...

O Xulgado obriga ao alcalde da Cañiza a repetir o pleno da conta xeral de 2018

O Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Pontevedra condenao a repetir o pleno no que se aproba a conta xeral de 2018 por convocalo con só tres horas de antelación.

A denuncia foi interposta polo voceiro do Partido Popular na Cañiza, Miguel Domínguez. Argumenta o popular que o alcalde, o socialista Luis Piña, convocou o pleno, celebrado en febreiro do ano pasado, con só tres horas de antelación o que impediu que acudiran os edís do PP á sesión. Ademais de anular a sesión plenaria celebrada en febreiro de 2020, o Xulgado condena ao  Concello da Cañiza a pagar os custos da demanda, que ascenden a 700 euros.

Malia que o Concello xustificouno como «necesario» co fin de remitir a conta xeral ao Consello de Contas de Galicia para evitar sancións, a sentenza conclúe que «non costa que se iniciou xa un procedemento sancionador pola demora do envío nin tampouco que se fose a perder ningunha subvención». Apoia, iso sí, a necesidade de convocar un pleno extraordinario, pero non do xeito que o fixo o goberno de Piña.

 

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES