viernes, marzo 29, 2024
InicioComarcasParadantaO Condado e a Paradanta, cunha incidencia superior a 1.000

O Condado e a Paradanta, cunha incidencia superior a 1.000

Todos os concellos das comaras do Condado e da Paradanta superan a incidencia dos 1000 casos en COVID-19 segundo a súa poboación.

Na segunda quincena deste mes de xaneiro, As Neves, Mondariz, Mondariz Balneario, Salvaterra de Miño, Ponteareas, Arbo, A Cañiza, O Covelo e Crecente superaron a incidencia de risco de 250 casos por cada 100.000 habitantes. Arestora é o concello de Ponteareas, o da Cañiza e o de Crecente os que sofren unha peor situación epidemiolóxica.

O alcalde da Cañiza, Luis Piña, sinala a celebración do Nadal, as xuntanzas populares e as festas dos adolescentes como as principais causas dos malos datos en relación á COVID-19 no municipio.

No caso de Ponteareas, a súa alcaldesa en funcións, Cristina Fernádez, fala dunha «incidencia agresiva», que tamén afectou aos centros escolares da vila do Tea.

Noutra marxe atópase o municipio de Arbo, que comeza a estabilizar á baixa os novos casos diagnosticados en dúas semanas entre a súa veciñanza. Reduce a metade o seu pico de 43 contaixios en 14 días.

 

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES