sábado, abril 20, 2024
InicioComarcasParadantaNovo Parque Central da Cañiza para recuperar o espazo público

Novo Parque Central da Cañiza para recuperar o espazo público

«É un exemplo de como recuperar o espazo público», asegurar a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva

O Parque Central da Cañiza é un exemplo de recuperar o espazo público, segundo dixo Silva, quen sinalou que «é unha mostra da transformación que leva a cabo a Deputación na provincia de Pontevedra». Díxoo na inauguración no municipio xunto ao alcalde, Luis Piña.

Piña sinaou que este espazo é un punto de encontro e de lecer para os veciños e para as veciñas do concello e quixo agradecer á familia da veciña que doou parte do terreo para que se poidera constriur o Parque Central. Trátase de Doña Inocencia, «que faleceu por mor da pandemia da COVID-19».

O proxecto do Parque Central consistiu na urbanización e desenvolvemento da zona verde, limítrofe con outro parque, o Doutor Heriberto Fuentes, cunha superficie de 4.429 metros cadrados. Habilitouse unha nova zona de ocio, xogos e descanso, con diferentes áreas interconectadas para xogos infantís e xuvenís, zona deportiva, espazos verdes e xardíns. O proxecto contemplou tamén a rehabilitación do hórreo existente e dotouse ao recinto dos servizos de saneamento, drenaxe e iluminación

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES