sábado, abril 20, 2024
InicioComarcasParadantaMedio Rural dá por controlado o lume de Barcela, en Arbo

Medio Rural dá por controlado o lume de Barcela, en Arbo

Os dos incendios que rexistrou o municipio calcinaron preto de 500 hectáreas

O lume que chegou á parroquia de Barcela, en Arbo, dende Portugal quedou controlado este venres ás 12:52 horas, segundo Medio Rural. O total de hectáreas calcinadas aumenta ata as 82. O incendio comezou o mércores tres de agosto.

Pola súa banda, o outro incendio que comezou o pasado sábado en Arbo, na parroquia de Mourentán, atópase estabilizado e o número de hectáreas calcinadas mantense en 400.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES