sábado, abril 20, 2024
InicioComarcasParadantaCrecente amortiza a débeda de 20.500 euros de pago a proveedores

Crecente amortiza a débeda de 20.500 euros de pago a proveedores

O Concello de Crecente amortiza anticipadamente o préstamo da Liña ICO, vixente dende o 2012, por importe de 20.500 euros, sen refinanciación.

O Pleno do Concello de Crecente vén de ratificar o ocordo polo que a entidade municipal amortiza anticipadamente a débeda contraída no ano 2012 coa Liña habilitada polo ICO para a financiación de pagos a proveedores.

Habilitada a modificación orzamentaria que facilita que a Tesourería municipal poida pagar e rematar coa débeda bancaria, o Concello de Crecente amortiza a cantidade pendente de pago, por importe de 20.498,59 euros, con dúas consecuencias, cancélase o Plan de Axuste en vigor para a Administración Local e o Concello achégase a débeda 0, xa que se procedeu á amortización anticipada, sen refinanciación, liberando ao Concello das restricións derivadas do Plan de Axuste, contempladas como obrigas, e abrindo a porta a novos investimentos.

O Concello trasladará agora esta circunstancia ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas

O alcalde, Don Julio César García Luengo Pérez subliñou a importancia de que o Concello presente unhas contas saneadas que permitan a inversión en servizos públicos e o incremento do gasto social, máis neste momento, que se ven parece que se achega o fin da COVID-19, “temos que facer fronte a unha crise sanitaria, social e económica, sen precedentes, sendo a nosa obriga e responsabilidade, unha xestión eficaz e centrada nas persoas, nos vecinos e veciñas de Crecente”

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES