jueves, marzo 28, 2024
InicioComarcasParadantaCentos de deportistas percorrerán Covelo nunha proba galega de orientación

Centos de deportistas percorrerán Covelo nunha proba galega de orientación

O municipio acolle a celebración da 2º proba da liga galega de orientación o sábado 26 de marzo.

O concello de Covelo acollerá a celebración da 2ª proba da liga galega de orientación que atraerá a centos de deportistas dispostos non só a suar a camiseta se non tamén a coñecer os nosos ríos, montañas, vales e natureza salvaxe.

A concelleira de Turismo, Lourdes Enes, explica que baixo o título Raid Covelo, tralas pegadas do lobo, esta carreira de aventura, programada para o 26 de marzo, «é unha competición multidisciplinar destinada a probar a capacidade de orientación e resistencia dos equipos que, sen axuda externa, compiten en igualdade de condicións, polo que estamos ante un dos deportes máis inclusivos do mundo».

Pola súa banda, o alcalde Pablo Castillo, apunta a que «O Concello amosa a súa satisfacción pola celebración deste tipo de eventos que ademais de fomentar hábitos de vida saudables atraen a centos de deportistas que non só amosarán a súa resistencia e capacidade, tamén coñecerán o noso marabilloso patrimonio natural e a oferta hostaleira da zona”.

Escoita aquí a entrevista coa conceleira Lourdes Enes:

 

 

Unha oportunidade para dar a coñecer Covelo

 

O deporte dos Raids de Orientación consiste en realizar un percorrido, preestablecido pola organización, marcado no terreo mediante balizas e sinalado no mapa específico dese terreo que se entregará a cada participante.Os percorridos serán lineais e deberán realizarse en orde e haberá diferentes modalidades deportivas. Os participantes, coa axuda dun compás, realizarán o percorrido elexindo o itinerario a seguir entre os puntos de control. En cada punto de control rexistrarán o seu paso mediante a tarxeta de control electrónica  aportada por cada participante ou pola organización do evento.

Cada equipo, en función da súa propia estratexia, decide qué distancia percorre, que puntos de control visita, e que probas especiais realiza; tendo en conta que non pasar polos puntos de control supón non sumar os puntos que otorga dito control. O tempo empregado e a puntuación conseguida en realizar o percorrido serán os determinantes da clasificación final. O prazo de inscrición remata o vindeiro 22 de marzo e as persoas interesadas poden inscribirse no enderezo electrónico info@xestanatureza.com ou no número de teléfono 644 56 76 14.

Esta proba, patrocinada polo Concello, está organizada pola Federación Galega de Orientación (FEGADO) e Xesta Natureza en colaboración con empresas privadas, coa FED, Xunta de Galicia, Deporte Galego e Deputación de Pontevedra

 

PROGRAMA

08:30: Apertura de Secretaría (Centro de Competición)

Lugar: Concello de Covelo

Recollida de documentación e entrega de bolsa do corredor

09:30: Saída da categoría 2+1 (previsible saída escalonada).

10:00: Saída da categoría 3.0 (previsible saída escalonada).

10:30: Saída da categoría Orienta-Raid (previsible saída escalonada).

16:30: Peche de Meta da categoría Orienta-Raid.

19:00: Peche de Meta da categoría 2+1.

19:30: Peche de Meta da categoría 3.0.

Máis información nas seguintes ligazóns https://intranet.fegado.es/intranet/media/attachments/file/56f/62208dd74b-boletin-0-raid-de-covelo.pdf

 

https://fegado.es/events/view/79h6lwy77k8t/

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES