viernes, abril 19, 2024
InicioComarcasParadantaAtopan tres cans e sesenta galiñas mortas nunha casa en aluguer de...

Atopan tres cans e sesenta galiñas mortas nunha casa en aluguer de As Neves

A vivenda estaba ocupada e, cando o dono a recuperou, atopouse con este escenario de matrato animal.

A Garda Civil investiga penalmente a un rapaz de 23 años, residente en Ponteareas e con multitude de antecedentes policiais, coma presunto responsable dun delito de maltrato animal, logo de atopar tres cans e sesenta galiñas mortas na vivenda que ocupaba en As Neves.

Os feitos foron investigados pola patrulla do Seprona de Ponteareas cando o propietario da vivenda denunciou que atopara un can morto dentro da casa que tiña alugada. O dono tivo acceso ao inmoble despois de que o xuíz desahuciara ao inquilino, que ocupaba a casa dende o mes de xuño do ano pasado. Foi entón cando, ao percorrer algunhas das estancias, atopouse co esqueleto dun can e de varias galiñas mortas nun alpendre anexo.

Cando acudiu o Seprona, localizáronse os esqueletos de dos cans máis en distintas habitacións, algún deles sen extremidades. En total atoparon tres cans mortos e sesenta galiñas que o inquilino se ofrecera voluntario a coidar cando alugou a casa.

Os servizos veterinarios do Centro de Acollida e Protección de Animais recolleron as mostras dos cadáveres para tratar de pescudar o tempo que levaban mortos e as causas do falecemento.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES