sábado, abril 20, 2024
InicioComarcasVal de MiñorO PP de Baiona denuncia o "abandono total" do talaso Monte Boi

O PP de Baiona denuncia o «abandono total» do talaso Monte Boi

O voceiro popular Ángel Rodal pide que se poña de novo en funcionamento o servizo. 

O Partido Popular de Baiona denuncia o “abandono total” do  talaso natural Monte Boi; un  talaso ao aire libre, con grandes propiedades terapéuticas, inaugurado en outubro de 2018 para funcionar seis meses ao ano, pero que leva pechado desde 2020. “Están a deixar morrer unha instalación pioneira, un atractivo servizo para os veciños de Baiona, por unha cuestión política”, critica o portavoz local e deputado provincial, Ángel  Rodal, que visitou o  talaso acompañado polos deputados Jorge Cubela e Alfonso  Marnotes.

Os populares esixen ao goberno local que asuma o seu mantemento e poña a funcionar as instalacións. “É un exemplo de como rendibilizar os nosos recursos e o poder terapéutico das algas, os  oligoelementos e o mar, pero este goberno prefire tirar con todo o investido en Monte  Boi en lugar de potencialo e dalo a coñecer porque supoñería recoñecer o seu éxito”, acusa  Rodal.Levarán a proposta ao próximo pleno municipal.

Escoita a entrevista completa con Ángel Rodal, aquí:

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES