viernes, abril 19, 2024
InicioComarcasVal de MiñorNigrán arranca este sábado o Mes do Teatro

Nigrán arranca este sábado o Mes do Teatro

A compañía viguesa Atrezo Teatro representará no auditorio municipal ás 20.00 horas tres obras de microteatro, ‘A conciencia’, ‘As camelias brancas’  e ‘A chaqueto de borreguito’

O sábado 16 será o turno do grupo da Estrada Disfunción continua coa obra ‘Departamento de selección’, dirixida a un público maior de 15 anos. Trátase dunha peza na que un grupo de persoas acceden a unha entrevista de traballo para entrar nunha multinacional, pero a dureza das entrevistas converterán o proceso selectivo nun xogo cruel e perverso que sacará o peor de cada personaxe. A obra supón unha crítica á deshumanización do mundo capitalista que nos converte en inimigos e competidores dispostos a emprender unha loita salvaxe na que todo vale. Está dirixida por José García e interpretada por Clara Iglesias, Rosa López, María Porto, Bea del Río e Natalia Carbajal

A programación continúa o domingo 17, ás 19.00 horas coa obra de teatro cego ‘Coa mirada nas túas mans’ da compañía Lohengrín, de San Andrés de Comesaña (Vigo). Esta función obtivo o segundo premio da categoría Teatro nos Xuventude Crea 2020. Pertence ao xénero de teatro sensitivo xa que é unha obra pensada para público cego, con visión reducida e para as persoas que o queiran presenciar cos ollos tapados.Está pensada para público maior de 14 anos.

O sábado 23, a través do programa ‘Tornar as táboas’ da Deputación de Pontevedra, acude ao auditorio municipal a compañía viguesa Fulano, Mengano e Citan’ coa obra ‘Top Manta’. Os cortes económicos como consecuencia da crise empuxan a dous actores a cambiar os grandes escenarios polo top manta na rúa. Como todas as producións da compañía viguesa, ‘Top Manta’ é unha comedia crítica e sarcástica sobre a realidade, aínda que os seus responsables, escapan do “ politiqueo barato”.

Finalmente, o ‘Mes do Teatro’ péchase o domingo 31 coa comedia para todos os públicos ‘Lisístrata’ do grupo ourensán Teatrino.

A entrada a tódalas funcións é de balde ata completar o aforo autorizado.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES